26 diciembre 2024
spot_img
26 diciembre 2024

¿Cómo é o día a día da brigada de obras do concello da A Baña?

Por Pablo Blanco de la Revista CPI San Vicente Report. Este artículo ha sido elaborado por un equipo de estudiantes con la colaboración de periodistas de Junior Report.

Hoxe temos o placer de poder falar con algúns dos integrantes da brigada do concello da A Baña. Esta xente encárgase de manter A Baña limpa e en condicións. 

Actualmente hai cinco persoas na brigada, no cal hai dous tratoristas, dous obreros e un palista. Ainda que nos meses de mayo a septembro entra unha brigada nova de limpieza a cal esta composta por catro persoas, ainda que eso e temporal, son contratos de cinco, seis meses. 

  • Cómo empezades o día?

A primeira hora reúnense na nave do concello donde o encargado reparte o traballo a cada un dos obreiros, na metade da mañan faise un pequeno descanso para tomar un café, E a última hora vólvense a reunir toda a brigada na nave para falar un pouco do traballo do día seguinte.

  • Á que hora empezades o traballo, e a que hora acabades?

No inverno empezamos as 7:30 e acabamos as 3:00, e no verán empezamos as 7:30 ata as 2:00

  • Cal é o traballo que mais tedes que facer?

Mantemento, obras, canalizacións, poñer tubos, desatascos necesarios, limpeza de campos públicos do concello…

  • Qué tipo de traballos realiza cada persoa da brigada?

Os tractoristas desbrozan as cunetas das carreteras e camiños.  O palista encárgase de andar ca pala,  fai traballos realizados co uso da pala como arreglar pistas, poñer canalizacións, facer traídas de auga… . Un oficial, que coñece a perfección todo o concello dedícase ao mantemento e a fecer obras como arreglar váteres, portas, incidencias eléctricas, incidencias ca auga, arreglar mobiliario urbano, mantementos de parques públicos, mantementos de xardíns… E por último está o encargado, o principal labor do encargado é controlar que os traballos se fagan, explicar como se fan os traballos e sobre todo, controlar; el tamén atende aos avisos da alcaldía, leva o mantemento dos vehículos todos da brigada, cando hai averías decide como se fai.

  • Cómo é cando hai menos persoal no concello. Nótase ?

Si, cando hai menos persoal claro que se nota. Non se pode facer os traballos que quixeras facer porque ao ser pouca xente, de inverno sobre todo, case nos dedicamos máis ao mantemento que a outra cousa e esa brigada é o traballo que realiza e por eso se nota moito.

  • Cando hai unha festa, cómo é a preparación que realizades?

Hai moitas festas, sobre todo de verán, as festas das parroquias son unhas das que mais traballo dan xa que son as que máis hai. Nos sitios de cada festa dedicamos a limpeza e ao mantemento da das zonas de bailes, levamoslle contedores de lixo e os días seguintes dedicámonos a limpeza dos campos da festa de cada parroquia.

Unha das festas máis grandes que hai na Baña é a festa da filloa, esta festa é a que mais preparación conleva.

  • Qué tipo de maquinaria soledes utilizar?

A maquinaria que utilizamos depende da cada posto de traballo. Os tractoristas utilizan a desbrozadora do tractor. O palista utiliza a pala e o camión, e o oficial mais o encargado utilizan o camión e todo tipo de ferramentas, palas, desbrozadoras de man, picos, rastrillos…

  • Quén é o encargado de cada traballo?

Hai un encargado xeral que reparte o traballo a cada persoal do concello. Despois en cada cuadrilla solen poñerse de acordo entre eles, por exemplos nos tractoristas poñense eles de acordao e reparten mais ou menos os traballos. Pero ainda así está todo supervisado polo encargado xeral.

  • Hai bo ambiente de traballo entre o persoal?

Si, hai bo ambiente, levámonos todos ben, aínda que algún día hai algún enfado por estres e por acumulación de traballo pero temos hai mo bo rollo entre nos.

  • Algunha vez vos sentides satisfeitos do traballo que facedes? ou ao contrario?

A maioría das veces si ainda que como todo, non todas as cousas saen ben, sobre todo cando somos criticados polo pueblo, ( que está o dito que os traballadores do concello non fan nada…. e en realidad si que traballamos. E en realidad cando facemos algo grande e ben feito para o pobo e eles cho agradecen, ahí dámonos de conta do bo traballo que facemos e sentímonos sadisfeitos.

  • Qué vos gustaría que cambiara na brigada de obras?

Tiñan que cambiar moitas cousas,  empezando pola mellora de ferramentas de traballo. Están moi vellas.. 

Outra cousa que nos gustaría que cambiara é que nos valoren e agradezca máis a alcaldía o traballo que nos realizamos. E outra cousa que terían que cambiar é que debería haber mais persoal, e persoal cualificado e con experiencia, para cada posto de traballo.

Últimas noticias

- Contenido patrocinado -spot_img
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.